Onte mércores 28 de xaneiro, varios delegados e directores de departamentos diocesanos da Arquidiocese de Santiago de Compostela reuníronse ás 17:00 horas na área de co-working de San Martiño Pinario co obxectivo de traballar conxuntamente na elaboración dos seus plans particulares, en sintonía co Plan Pastoral Diocesano.
O encontro desenvolveuse nun ambiente de diálogo e colaboración, permitindo aos participantes compartir propostas, revisar obxectivos e coordinar liñas de acción comúns para os próximos meses. A sesión buscou favorecer unha planificación unificada que responda as prioridades marcadas pola Arquidiocese.
Durante a reunión, os responsables dos distintos departamentos reflexionaron sobre os retos actuais da pastoral diocesana e expuxeron iniciativas concretas para fortalecer o traballo en rede, optimizar recursos e dar unha resposta máis eficaz ás necesidades da comunidade.
Este tipo de encontros reforza o compromiso da Arquidiocese de Santiago de Compostela cunha pastoral organizada, participativa e aliñada co seu proxecto diocesano, promovendo a cooperación entre as distintas áreas e servizos.






