O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu hoxe, sábado 12 de outubro, a coroación da Virxe do Carme no templo de San Ciprián de Vilanova de Arousa.
Na homilía, o arcebispo convidou a ter un corazón corazón de fillos agradecidos ao redor de María, na advocación do Carme. E animou a escoitar a Palabra de Deus, a cumprila e a facela vida.
Na celebración, tamén se realizou a imposición de Escapularios a un grupo de nenos da Parroquia, para terminar cunha procesión e ofrenda floral.






