Confirmacións en Santa Comba

Na parroquia de Santa Comba celebrouse este sábado 2 de maio, ás 19.30 horas, o sacramento da Confirmación durante unha solemne Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
Durante a cerimonia, o prelado confirmou un grupo de mocidade que culminaron o seu proceso de formación catequética, recibindo o don do Espírito Santo nun momento clave dentro do seu camiño de fe.
A celebración contou coa participación do párroco e outros sacerdotes da zona, así como cunha ampla presenza de familiares, padriños, catequistas e membros da comunidade parroquial, que acompañaron aos confirmandos neste paso significativo da súa vida cristiá.
Na súa homilía, o arcebispo dirixiu unhas palabras especialmente á mocidade, a quen animou a asumir un compromiso activo dentro da Igrexa e da sociedade.
Previous articleMás de 900 personas participan en el XII Encuentro Diocesano de Nenos e Familias nun ambiente de fe, alegría e convivencia
Next articleMateriais pastorais de preparación para a visita do Papa León XIV