Respecto a as informacións recollidas nalgúns Medios sobre unhas exequias na Parroquia de Cando, na Serra de Outes, o Arcebispado de Santiago comunica que:
1.- Este Arcebispado permaneceu aberto ao diálogo coas partes implicadas tratando de coñecer as motivacións e os feitos aos que se aluden.
2.- Esta Institución recoñece que se salvagardou en todo momento o dereito de enterramento dos fieis católicos, lamentando moito o desconsolo que se puido producir inintencionadamente ante a perda dun ser querido.
3.- É prerrogativa de cada Parroquia regular os usos e costumes comúns a todos os fregueses do lugar, de acordo con as normas prescritas pola liturxia eclesiástica. Así mesmo, a xestión do cemiterio parroquial recae dentro das responsabilidades do párroco.
4.- Este Arcebispado valora o compromiso do párroco, D. Roberto Freire, na realización dunha pastoral levada a cabo por un equipo diverso de laicos, destacando especialmente a participación activa das mulleres.
5.- A Iglesia ten a responsabilidade de velar polo ben de todos os fieis, especialmente en circunstancias sensibles como as exequias. Neste caso, é esencial que se fomente un ambiente de cordialidade e respecto entre os membros da comunidade parroquial. Priorizarase sempre o diálogo construtivo, a empatía e a comprensión mutua, buscando solucións que fortalezan os lazos de fraternidade e harmonía entre todos os fregueses, segundo o espírito evanxélico.