Comeza a 72º Semana Mariolóxica no Santuario da Xunqueira de Cee

  • O arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, participou na sesión inaugural.
O Santuario da Ntra. Sra. da Xunqueira e a súa Unidade Pastoral son a sede da 72 Semana Mariolóxica que organiza anualmente a Sociedade Mariolóxica Española e que o ano pasado tivo lugar en Ronda.
O tema do congreso nacional deste ano é: «María e a feminidade á luz da carta apostólica de San Xoán Paulo II Mulieris dignitatem» e terá lugar desde hoxe, 29 de agosto, ao 1 de setembro de 2023.
Esta tarde ás 17:30hs tivo lugar a sesión inaugural interviron mons. Francisco José Prieto Fernández, arcebispo de Santiago, así como Desire Kouakou Tanoh, reitor do Santuario de Cee; Juan Miguel Ferrer Grenesche e Francisco María Fernández Jiménez, Presidente e Secretario da Sociedade Mariolóxica Española; e Margarita Lamela Louzán, alcaldesa do Concello de Cee.
Ás 18:30hs terá lugar a Sesión primeira de Agustín Giménez González, co relatorio “Eva-María o principio e o pecado na Sagrada Escritura”.
Posteriormente ás 20:00hs D. Francisco José Prieto presidirá a Eucaristía, para terminar esta primeira xornada cun Concerto, “Nanas do mundo” a cargo de Gohar Vahanyan, Salmista da Catedral de Granada e Héctor E. Márquez.
Previous articleIrmandáronse a Irmandade da Divina Pastora da Parroquia de Pastoriza de Santiago coa de San Pío de Pietrelcina de Sevilla
Next articleO arcebispo de Santiago nos actos de celebración dos 100 da Fundación da Grande Obra de Atocha