A Unidade Pastoral de Ribadulla, formada polas parroquias de Santa Cruz de Ribadulla, San Pedro de Iria, San Miguel de Sarandón, San Cristovo de Meni e San Pedro de Vilanova, constituíu a súa Cáritas Parroquial nun acto que contou coa presenza do párroco Milcíades Acuña Méndez, e do delegado episcopal de Cáritas Diocesana de Santiago, Santiago Fernández.
O novo equipo está integrado por 12 persoas voluntarias que asumen de forma corresponsable a tarefa de acompañar a quen máis o necesitan na súa contorna. A iniciativa busca fortalecer a presenza de Cáritas no rural, cunha atención organizada, próxima e sostida.
O local de atención estará situado na casa de fábrica de San Pedro de Vilanova, facilitando o contacto directo coas persoas e familias que requiran apoio.
“Co nacemento desta Cáritas parroquial nace tamén unha forma de estar preto das persoas que o necesitan. Este equipo humano ha decidido organizarse para que ninguén na súa contorna senta só ante a dificultade. É un xesto sinxelo, pero profundamente cristián. Desde Cáritas Diocesana animámoslles por encarnar o Evanxeo con feitos, non só con palabras”, sinalou Santiago Fernández, Delegado Episcopal de Cáritas Diocesana de Santiago, durante o acto de constitución.
Con esta incorporación, a rede diocesana de Cáritas continúa crecendo no arco rural da zona de Santiago, consolidando o compromiso da Igrexa coas realidades máis fráxiles do territorio.
Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela ha agracedido a dispoñibilidade deste novo equipo e a súa vontade de servizo. A caridade, vivida en comunidade, segue sendo unha resposta concreta ante o sufrimento dos nosos veciños.












