Presentación da UPA Oroso-Sigüeiro

A parroquia de Santo Andrés de Barciela-Sigüeiro acolleu este domingo a presentación oficial da Unidade Pastoral de Atención (UPA) Oroso-Sigüeiro, nunha eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
A celebración reuniu a numerosos fregueses e representantes das distintas parroquias implicadas, que quixeron acompañar o inicio desta nova etapa pastoral. Durante a misa, o arcebispo destacou a importancia do traballo conxunto entre comunidades e a necesidade de fortalecer a presenza da Igrexa na vida local.
O equipo sacerdotal da nova UPA estará formado por José Luis Rey Tear, ata o de agora responsable da UPA de Senra —que se integra nesta nova unidade— e que exercerá como párroco, e por Enrique Alonso Alonso, que asumirá o cargo de vigairo parroquial.
Entre os concelebrantes atopábase Diego Ríos Noya, sacerdote veterano da zona, que colaborará tamén coa nova unidade pastoral.
Durante a xornada, o arcebispo foi recibido no Concello de Oroso, onde mantivo un encontro cordial coas autoridades municipais.
Con esta presentación, a diocese dá un paso máis no proceso de reorganización pastoral, buscando unha maior coordinación e acompañamento ás comunidades da zona de Oroso e Sigüeiro.

Previous articleO Camiño Penitenciario: cando a esperanza viste hábito de peregrino
Next articleCáritas Diocesana impulsa a creación da UPA de Ribadulla para atender de cerca á comunidade rural de cinco parroquias