Cáritas Diocesana de Santiago participa na Asemblea Xeral de Cáritas Española

Cáritas Diocesana de Santiago participou na Asemblea Xeral de Cáritas Española, un espazo de encontro e comuñón no que se comparten experiencias, reflexiónase sobre a realidade social e renóvase o compromiso coas persoas máis vulnerables.
En representación da nosa diocese estiveron presentes a directora, Pilar Farjas; Santiago Fernández, delegado episcopal, e Rubén Iglesias, secretario técnico, formando parte activa deste momento importante para toda a Confederación.
A Asemblea Xeral é unha oportunidade para fortalecer o camiño conxunto de Cáritas, poñendo no centro a dignidade de cada persoa e reafirmando a nosa misión de acoller, acompañar e promover a quen vive situacións de pobreza e exclusión.
En palabras da directora, Pilar Farjas, “participar na Asemblea é unha oportunidade para compartir o que vivimos na nosa diocese e, ao mesmo tempo, aprender doutras Cáritas. Axúdanos a seguir mellorando a nosa resposta e a fortalecer o traballo en rede desde a proximidade ás persoas que nos necesitan”.
Pola súa banda, o delegado episcopal, Santiago Fernández, destacou o carácter pastoral do encontro: “a Asemblea é un momento de comuñón que nos lembra que non camiñamos sós. Somos Iglesia que sae ao encontro das persoas máis vulnerables, levando esperanza e construíndo fraternidade desde o cotián”.
Ambos coincidiron na importancia de estar unidos a esta rede que traballa en todo o territorio, afrontando desafíos como a vivenda, o emprego e as migracións, e tratando de dar resposta con proximidade, compromiso e esperanza.
Previous articleO arcebispo de Santiago, mons. Francisco José Prieto, nas Xornadas Nacionais de Patrimonio
Next articleMons. Francisco José Prieto Fernández | León XIV en España: alzar a mirada, buscar e proclamar a verdade.