
“Non se trata só de cubrir carencias, senón de acompañar as persoas no seu camiño cara a unha vida digna e autónoma”, subliñou Santiago Fernández, delegado episcopal da entidade, destacando a boa acollida que recibiu este enfoque centrado no acompañamento integral.
Desde Cáritas Diocesana de Santiago, a súa secretaria xeral, Josefina Monteagudo, destaca que «regresan desta asemblea con ideas claras, moitas tarefas por diante e a certeza de que están aliñados coas necesidades reais da sociedade actual, traballando con rigor e compromiso».
A Asemblea Xeral de Cáritas Española é o principal órgano de participación e toma de decisións da Confederación, e celébrase anualmente para reforzar a cohesión, avaliar o traballo realizado e establecer liñas comúns de acción.












