Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela dá un novo paso no seu compromiso coa transparencia, a proximidade e a comunicación directa coa sociedade, estreando perfís oficiais en redes sociais.
A partir de hoxe, a entidade estará presente en Facebook, Instagram, LinkeIn, Twitter/X, TikTok e Youtube, canles a través dos cales se ofrecerá información actualizada sobre as súas actividades, campañas, programas sociais, voluntariado e noticias de interese para a comunidade.
“Queremos estar máis preto das persoas e compartir o traballo que realiza Cáritas na diocese cunha linguaxe próxima, accesible e transparente”, sinalou Pilar Farjas, directora de Cáritas Diocesana de Santiago.
Co fin de escoitar, acompañar, orientar e actuar desde o corazón coa finalidade de conseguir unha sociedade máis xusta e máis humana, a entidade anima a seguir e compartir os seus perfís:
· Facebook: https://www.facebook.com/caritasdiocesanasantiago/
· Instagram: https://www.instagram.com/caritasdiocesanasantiago/
· TikTok: https://www.tiktok.com/@caritasdiocesanasantiago
· YouTube: https://www.youtube.com/@caritasdiocesanasantiago
· X (Twitter): https://x.com/caritasdiocstgo
· LinkedIn: https://www.linkedin.com/company/caritasdiocesanasantiago/












