BOQUEIXÓN: nova Unidade Pastoral

Na tarde do domingo 17 de marzo os veciños fieis das parroquias de Boqueixón e unidas de Touro viviron unha xornada única e inesquecible. As dezaseis parroquias encheron o salón da Casa de Cultura de Camporrapado xunto co arcebispo D. Francisco José e os seus dous párrocos D. Antonio Golmar, novo na zona, e D. Francisco Buide, xa dende anos responsables dalgunhas destas parroquias.

Dende hai anos a falta de vocacións e sacerdotes se sente negativamente nas parroquias pero con moito peso no rural. Pero nesta ocasión non se sentiu as carencias senon a forza unidos mantendo a identidade propia. As dezaseis cruces parroquiais e a imaxe de cada igrexa acompañou unha representación de cada parroquia, xunto coas voces de catro coros parroquiais unidos, dous nenos e mozos das catequeses e moitos adultos con ganas de unir forzas, compartir xuntos como fixemos un par de horas arredor dunha bebida e algo para comer, cantar e contar contos, en fin, “facer parroquia” pero non nos límites das pequenas aldeas, débiles, senon na forza da Unidade Pastoral, como se lle chama dende hoxe a esta “parroquia de parroquias”. Os números falan: máis de 350 participantes, dos cales polo menos 30 nenos e un grupo de mozos. Só nos coros máis de 40, e cos moitos colaboradores, que en ningún caso son caras novas: moitas horas xuntos arredor da parroquia permitiron convocalos sen insistir, e distribuír tarefas sen sentir o peso da soidade senon arrimando o esforzo uns aos outros.

O señor vigairo de Santiago e o arcipreste da Ulla representaron á Igrexa máis próxima, un par de sacerdotes dous extremos da diocese dende a vigairía de Coruña e o extremo sur da de Pontevedra fixeron un esforzo en kilometros que mostrou a unidade arredor do arcebispo do que non é cousa única dun grupo de aldeas en dous concellos da comarca de Santiago. Sacerdotes veciños dá zona, entre vos máis novos e vos veteranos, uniron unha tradición recibida que non se perde pero que busca reinventarse en tempos novos. Gratitude e presenza do anterior cura na zona D. Sidonio Alves.

Os veciños non só cantaron e celebraron a fe, e compartiron uns momentos de convivencia como sabemos vivir na proximidade da aldea. Superamos distancias entre clero e laicos, rivalidades entre parroquias veciñas, receos entre institucións e xente da pé, todas as idades e grupos sociais. O representante de Caritas Diocesana fíxose presente para animar o futuro da caridade entre nós. Tamén as autoridades municipais de Boqueixón se fixeron presentes ademais de ofrecer o local que, a pesar dous doucentos asentos, quedou pequeno, inesperada pero felizmente.

No domingo de san Lázaro a Igrexa non é só cousa dous curas ou de reunións luctuosas. Son as mulleres e homes de aldea e cidade, nenos e maiores, que fan festa e “resucitan” na fe. Coma despedímonos nestes casos: que nos vexamos en moitas máis festas coma esta!

Previous articleA parroquia de San Xosé de Pontevedra celebra o seu patrón e o corenta aniversario do seu templo
Next articleConferencia do arcebispo de Santiago en Viveiro