As Xornadas Sacerdotais en Santiago desenvolveranse na Casa Diocesana de Exercicios os días 20 e 21 deste mes de marzo. Os encontros comezarán ás 10:00 horas e acabarán co xantar.
O programa é o seguinte:
Luns 20
Conversión persoal, conversión pastoral para unha nova etapa evanxelizadora
Rvdo. Sr. D. Francisco Pernas de Dios (Vigairo para a Pastoral – Diocese de Ourense)
10h. Acollida e oración
10:30h. Conversión persoal, conversión pastoral para unha nova etapa evanxelizadora. “A viño novo odres novos” (Mt 9, 17)
11:30h. Descanso
12h. A conversión pastoral e misioneira da parroquia. Parroquia: reaviva a túa identidade misioneira.
14 h: Xantar
Martes 21
Unha Igrexa corresponsable, unha Igrexa que acompaña
10h. Acollida e oración
10:30h. Unha Igrexa corresponsable, unha comunidade cristiá sostible
Comisión Diocesana de Sostibilidade
11:30h. Descanso
12h. Concienciar e previr sobre a atención a menores, persoas vulnerables e ás súas familias
Servizo pastoral interdiocesano de atención a menores
14 h: Xantar
Para o xantar hai que apuntarse, cando menos dous días antes chamando á Casa de Exercicios: 981 592228
Ou contactando co vigairo territorial, José Antonio Seoane: vicaria.santiago@archicompostela.org












