Arzobispado de Santiago e Abanca subscribiron un convenio financeiro

O Arcebispado de Santiago e Abanca subscribiron hoxe un convenio financeiro ao que poderán acollerse parroquias e sacerdotes diocesanos. Subscribiron o acordo o ecónomo diocesano, Fernando Barros, e o director territorial de Abanca en Santiago, Juan Carlos Carneiro. O convenio inclúe xestión de recibos, pago de nóminas e pensións ou xestión de contas.

Tamén se contempla a posibilidade de xestionar seguros e asesorar sobre as pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada Parroquia ou ente independente. Inclúense, ademais, aspectos relativos a tarxetas de débito e crédito asociadas a contas da Arquidiocese ou das parroquias. O convenio aplicarase ás relacións establecidas entre o Arcebispado, as parroquias e demais entidades dependentes do Arcebispado con Abanca.

A súa duración será dun ano a partir da súa firma.

Previous articleDon Julián invita os diocesanos a rezar polos misioneiros e a colaborar pastoral e economicamente coas misións
Next articleAberta a matrícula para un novo curso do ISCCR