Arcebispado de Santiago e Concello de Ames firman un protocolo xeral de actuacións

Hoxe, 26 de decembro, o Concello de Ames e o Arcebispado de Santiago de Compostela asinaron un protocolo xeral de actuacións para regularizar a situación de #varios inmobles propiedade do Arcebispado no municipio de Ames.

O propósito central é maximizar o seu uso para cumprir de maneira máis efectiva coas metas de promoción cultural, social, deportiva e relixiosa.

O protocolo foi asinado, nas oficinas do arcebispado de Santiago, polo alcalde de Ames, D. José Blas García Piñeiro, e o arcebispo de Santiago de Compostela, D. Francisco José Prieto Fernández, establecen unha serie de compromisos para a cesión de uso, transmisión da propiedade e venda de terreos.

O protocolo tamén establece a creación dunha Comisión de seguimento, composta por dous representantes de cada institución, para velar pola adecuada execución das actuacións previstas.

Previous article29 DEC | Apertura do Ano Xubilar na Arquidiocese
Next articleO Arcebispado de Santiago de Compostela aproba o orzamento para o año 2025