Aldán celebrou a festa patronal de San Ciprián con misa solemne e confirmacións

A parroquia de San Ciprián de Aldán viviu o hoxe martes 16 de setembro unha xornada festiva con motivo da celebración do seu patrón. O templo, situado no barrio de San Cibrán e levantado sobre unha antiga igrexa, é considerado o mellor exemplo de arte neoclásico de Cangas.
A misa solemne estivo presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, e concelebrada por varios sacerdotes da zona. Durante a eucaristía, un grupo de mozos da parroquia recibiu o sacramento da confirmación.
A celebración reforzou o carácter relixioso e comunitario desta cita patronal, que cada ano reúne a fregueses e devotos ao redor da figura de San Ciprián.
Previous articleInauguración do curso académico 2025/26 do ITC e do ISCCR en Santiago de Compostela
Next articleO Movemento Scout Católico reúnese en Santiago de Compostela para avanzar no deseño do seu II Congreso nacional