Hoxe sábado 11 de maio, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu a Solemne Vixilia de Acción de Grazas na Igrexa de San Xurxo, con motivo do 125 Aniversario da Adoración Nocturna Española, na súa Sección de A Coruña, e a posterior procesión co Santísimo Sacramento polas rúas próximas á Parroquia.
Previamente ás 20:00hs, tivo lugar a recepción de adoradores e o rezo do Santo Rosario.