Xubileu dos enfermos e do mundo da sanidade

Os responsables da pastoral da saúde das dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Santiago de Compostela e Tui-Vigo organizaron unha peregrinación conxunta a Roma do 04 ao 07 de abril de 2025 para participar nos actos específicos organizados pola Santa Sé para os enfermos e o mundo da sanidade (sábado 5 e domingo 6 de abril de 2025).
A este evento xubilar están particularmente convidados todos os enfermos e os profesionais vinculados ao mundo da sanidade (médicos, enfermeiros, axentes sanitarios, voluntarios do mundo da sanidade, axentes de pastoral da saúde etc.)/ etc.), xunto cos seus familiares.
Como lembrou o Papa Francisco na Bula de convocación desta efeméride, “o Ano Santo 2025 está en continuidade cos acontecementos de graza precedentes. No último Xubileu ordinario cruzouse o limiar do dous mil anos do nacemento de Xesucristo. Logo, o 13 de marzo de 2015, convoquei un Xubileu extraordinario coa finalidade de manifestar e facilitar o encontro co “Rostro da misericordia” de Deus, anuncio central do Evanxeo para todas as persoas de todos os tempos. Agora chegou o momento dun novo Xubileu, para abrir de par en par a Porta Santa unha vez máis e ofrecer a experiencia viva do amor de Deus, que suscita no corazón a esperanza certa da salvación en Cristo. Ao mesmo tempo, este ano Santo orientará o camiño cara a outro aniversario fundamental para todos os cristiáns: no 2033 celebraranse o dous mil anos da Redención realizada por medio da paixón, morte e resurrección do Señor Xesús. Atopámonos así fronte a un itinerario marcado por grandes etapas, nas que a graza de Deus precede e acompaña o pobo que camiña entusiasta na fe, dilixente na caridade e perseverante na esperanza (cf. 1 Ts 1,3)”.
No folleto adxunto vai toda a información: itinerario, hotel, prezo etc. Son só 50 prazas para as tres dioceses, que se outorgarán por rigorosa orde de inscrición. O prazo límite de inscrición é o 31 de xaneiro de 2025, ou ata esgotar as prazas de que se dispón.

Os diocesanos de Santiago de Compostela interesados en participar nesta peregrinación deben enviar un correo electrónico á dirección desarrollohumanointegral@archicompostela.org

En dito correo deben comunicar os seguintes datos:

  • nome completo,
  • número de DNI,
  • domicilio,
  • número de teléfono,
  • en calidad de que peregrina (enfermo, profesional sanitario, voluntario),
  • adjuntar xustificante de ter aboado na conta ES13 2080 0009 8930 4003 9046 aberta a nome da Delegación Episcopal para o Desenvolvemento Humano Integral en ABANCA a cantidade de 250 euros (se ao final a persoa no puidese viaxar e a organización non puidese ocupar a praza con outro peregrino, este diñeiro non se devolvería).

 

 

Previous article‘Hospitalitas’ das Idades do Home pecha as súas portas en Santiago con máis de 125.000 visitas
Next articleInauguración da reconstrucción da espadana na Parroquia de Caritel