Terceiro aniversario de Monseñor Francisco José Prieto como Arcebispo na Igrexa Compostelá

A Arquidiocese de Santiago celebra o terceiro aniversario de Monseñor Francisco José Prieto Fernández a cargo da Igrexa Compostelá, unha data que invita a dar grazas por estes anos de servizo e dedicación pastoral.
Desde a súa chegada á sede compostelá, Monseñor Francisco Prieto desenvolveu o seu ministerio percorrendo parroquias, colexios, comunidades… favorecendo o encontro con realidades moi diversas da vida eclesial e social, e cultivando unha forma de acompañamento marcada pola proximidade, a escoita e a sinxeleza.
Con motivo desta efeméride, uns nenos, alumnos do CPR Divino Mestre de Aldán e do CPR A nosa Señora do Carme de Fisterra, quixeron sumarse á celebración cunha sinxela homenaxe no que, a través dos seus recordos e palabras espontáneas, ofrecen un testemuño entrañable sobre o Arcebispo.
As súas achegas poñen de manifesto como os xestos cotiáns, cando nacen da autenticidade e a atención próxima, poden deixar unha pegada profunda e duradeira, especialmente na mirada limpa da infancia.
Este aniversario convértese así nunha ocasión para agradecer estes tres anos de ministerio episcopal na Arquidiocese de Santiago, marcados pola entrega, a dedicación e o servizo á comunidade diocesana.
Felicidades, don Francisco!

 

Previous articleFalecemento do sacerdote diocesano D. Manuel Mosquera Sánchez, misioneiro en Chile durante máis de cinco décadas
Next articleO arcebispo de Santiago visita a Cociña Económica e recoñece o seu labor social coas persoas máis vulnerables