Terceira Xornada da Reunión Conxunta das Seccións de Mocidade das CEE

Este sábado, 21 de setembro, celebrouse a terceira Xornada da Reunión Conxunta das Seccións de Mocidade das Conferencias Episcopais Europeas, que baixo o lema “Novas fortes e alegres na Esperanza. Testemuñas de Cristo hoxe en Europa”, diversas seccións de pastoral xuvenil reúnense, ata mañá, para reflexionar sobre o papel da mocidade na Igrexa europea actual.

Pola mañá tivo lugar a IV sesión de traballo, “Desde o Sínodo ata o Xubileu: a mocidade en camiño coa Igrexa”, na que interviñeron S. Em. Card. Americo Manuel Aguiar Alves, Bispo de Setúbal, ex Presidente da Fundación JMJ Lisboa 2023; S. Em. Card. Mario Grech, Secretario Xeral da Secretaría Xeral do Sínodo; e Rev. Francesco Scalzotto, Dicasterio para a Evanxelización (Organización do Xubileu 2025).

Porteriormente, S. Em. Card. Americo Manuel Aguiar Alves presidiu a celebración eucarística na igrexa do Convento de San Francisco.

Xa pola tarde, baixo o título “mocidade en misión polas rúas de Europa”, foi a quenda para V sesión de traballo. Terminou a xornada cunha peregrinación a pé con etapas de oración, espiritualidade e testemuños.

Previous articleSegunda Xornada da Reunión Conxunta das Seccións de Mocidade das CEE
Next articleEncontro de responsables diocesanos da Pastoral do Xordo e Xordocegos