Encontro de responsables diocesanos da Pastoral do Xordo e Xordocegos

O sábado 21 de setembro de 2024, levouse a cabo a reunión de responsables diocesanos da Pastoral do Xordo e Xordocegos na Parroquia de Santa María do Silencio de Madrid, na que a Arquidiocese de Santiago de Compostela tamén estivo representada.

Comezou a xornada coa oración da mañá e poñéndose baixo a protección de Santa María do Silencio. Posteriormente, cada responsable da diocese, comunicou aos demais as actividades, necesidades e proxectos nos que traballan. Todas incidiron na necesidade de que “as persoas xordas e xordo-cegas” teñan un lugar na pastoral diocesana e/ou parroquial, ademais, contar cun sacerdote que poida acompañar este proceso. Destacan as seguintes accións:

  • Reuniones semanais para explicar a liturxia dominical con anterioridade á súa celebración.
  • Catequeses sacramentais
  • Clases de Lingua de Signos Española (LSE)
  • Visitas a persoas xordas, xordo-cegas en residencias, hospitais, nos seus
  • Obradoiros de costura e/ou manualidades
  • Horario de Logopedia Actividades de verán
  • Clases de formación para adultos, especialmente da Biblia
  • Canles de retrasmisión da Eucaristía dominical
  • Intérprete de LSE na retransmisión dominical en TV3 (catalán)

En España existen dúas parroquias dedicadas ás persoas xordas e xordo-cegas, unha en Madrid e a outra en Valencia; teñen como patroa á Virxe María na súa advocación de Santa María do Silencio.

Pola tarde déronse a coñecer dúas realidades emerxentes: a Asociación de Xordos Católicos Europeos e as súas actividades; e, a nova páxina web que xestiona un matrimonio (María e Óscar) na que inclúen moitos recursos de formación e información para as persoas xordas.

Como propostas e conclusións desta reunión, nas que todos poñerán empeño son:

  • Traballar para que cada diocese teña un espazo pastoral dedicado ás persoas xordas e xordo-cegas; segundo se estime oportuno. A Conferencia Episcopal Española propón sexa na área de discapacidade de catequese e evanxelización.
  • Seguir preparando o Encontro Nacional en Santander, do 26 ao 29 de xuño de 2025 (prazas limitadas)
  • Proposta de peregrinación a Roma para participar no Xubileu 2025 Propoñer aos seminarios inclúan a materia de LSE nos seus programas formativos; ou ter na diocese/parroquias clases de LSE para ir comezando unha verdadeira inclusión a través da linguaxe.
  • Finalizaron a xornada poñendo no Altar do Señor todas estas propostas, a vida de cada un e as realidades diocesanas.
  • Desde a Arquidiocese de Santiago de Compostela propóñense estas accións:
  • Celebración Eucarística: unha vez ao trimestre. Será o vindeiro sábado 28 de setembro 2024 ás 5 da tarde na Capela do Cotolengo do Padre Alegre de Santiago; estará presidida polo Arcebispo de Santiago.
  • Promover a canle de youtube e conta de facebook no que difundir o Evanxeo do domingo en LSE.
  • Signar canciones para as celebracións eucarísticas e para os tempos litúrxicos.
  • A participación na Eucaristía o día da discapacidade, na nosa diocese o primeiro domingo de decembro, baixo o lema “Todos xuntos regalamos esperanza”

Agradecen a todos os voluntarios o seu bo facer e o seu compromiso en favor da evanxelización, especialmente das persoas xordas e xordo-cegas.

Previous articleTerceira Xornada da Reunión Conxunta das Seccións de Mocidade das CEE
Next articleCuarta e última Xornada da Reunión Conxunta das Seccións de Mocidade das CEE