Hoxe domingo 24 de novembro, ás 11:30 horas, a Catedral de Santiago acolleu a celebración da Solemnidade de Cristo Rey. A Eucaristía foi presidida polo Arcebispo de Santiago, Mons. Francisco José Prieto.
Cada ano, a Igrexa celebra a soberanía de Cristo o último domingo do ano litúrxico, coincidindo co trixésimo cuarto domingo do tempo ordinario. Instituida polo Papa Pío XI en 1925, esta festa celebrouse por primeira vez en 1926. Orixinalmente programada para finais de outubro, foi o Papa San Paulo VI quen a trasladou ao último domingo do ano litúrxico, xusto antes do inicio do Advento. Esta decisión resalta o tema do retorno de Cristo como Rei, unha reflexión que se aborda nas liturxias da primeira metade do Advento.






