San Martiño de Salcedo reabre as súas portas tras unha restauración integral

A igrexa parroquial de San Martiño de Salcedo volveu acoller aos seus fieis o domingo 11 de maio ás 20:00 horas, tras case sete anos pechada debido a problemas estruturais detectados na súa bóveda. A misa inaugural estivo presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, quen estivo acompañado polo Vigairo Xeral, José Andrés Fernández Farto; o Vigairo de Pastoral, Javier Porro Martínez; o Vigairo de Pontevedra; Luis Seoane Ares, e varios sacerdotes da zona. A cerimonia contou ademais coa presenza do conselleiro de Cultura, José López Campos, doutras autoridades e numerosos fieis.
O templo, clausurado por motivos de seguridade, foi obxecto dunha rehabilitación integral impulsada pola Xunta de Galicia e o Arcebispado de Santiago. As obras permitiron devolverlle o seu esplendor orixinal, tanto no seu interior como no seu exterior.
Segundo explicou o párroco Jesús Niño, os traballos incluíron a restauración das bóvedas, a renovación do teitume e a recuperación da fachada, respectando sempre o valor histórico e patrimonial do edificio.


Previous articleO arcebispo chama á unidade solidaria e á escoita desde o corazón na Función do Voto na Coruña
Next articleCáritas Diocesana de Santiago e a Fundación María Esperanza Rubido Romero firman un convenio para apoiar a Rede de Pisos de Acollida