Reunión das Comisións Diocesanas para o Sostemento da Igrexa

Este sábado 22 de octubre, na Aula Magna del Seminario Maior de San Martiño Pinario, mons. Julián Barrio presidiu unha Reunión da Comisión de Corresponsabilidade e Sostemento da Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela.

Esta Comisión ten como principais finalidades a de crear espazo de encontro, diálogo e acción na Curia e outras entidades eclesiais; a de manter unha relación fluída cos próximos da corresponsabilidade e adaptalo á situación das Dioceses; a de deseñar unha planificación anual de actividades de corresponsabilidade; a de fomentar a corresponsabilidade como forma de vida; a de facilitar que os fieis poidan colaborar e compartir os dons de tempo talento e diñeiro; a d desenvolver un plan que permita manter actualizados o compromiso e a implicación do clero; a de apoiar ás parroquias e outras entidades eclesiais na celebración de campañas; a de potenciar as TIC nas doazóns e comunicación; e a de elaborar propostas sobre o sostemento da actividade pastoral da Igrexa.
A esta reunión asistiron, ademais do arcebispo de Santiago, mons. Leonardo Lemos, bispo de Ourense; mons. Alfonso Carrasco, bispo de Lugo; mons. Francisco Prieto, bispo auxiliar de Santiago de Compostela; o ecónomo diocesano Fernando Barros; a representante do consello de asuntos económicos Beatriz Ferreiro, o sacerdote Daniel Turnes; Guadalupe Murillo, así como representantes das outras Dioceses galegas.

 

Previous articleA Arquidiocese de Santiago recibe unha reliquia do beato José Gregorio Hernández, "médico dos pobres"
Next articleCarta Pastoral no Día das Persoas sen Fogar. Outubro 2022