Como broche final á súa visita á Catedral de Santiago, un grupo de alumnos de Educación Secundaria do Colexio A nosa Señora do Carmen de Fisterra, pertencente á rede de centros educativos diocesanos, foi recibido este luns polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
Durante o encontro, o prelado compartiu cos estudantes unhas palabras sobre o valor espiritual do Camiño de Santiago e a importancia da fe e a educación na formación persoal. O alumnado, acompañado polo profesorado, puideron dialogar co arcebispo e coñecer de preto o funcionamento da Catedral e o labor pastoral da Arquidiocese.
A visita enmárcase nunha actividade educativa e pastoral organizada polo centro para afondar no coñecemento do patrimonio relixioso e cultural de Galicia, así como no sentido cristián da peregrinación a Compostela.






