O arcebispo de Santiago presidirá a reunión do Consello Pastoral Diocesano

O bispo auxiliar de Santiago de Compostela mons. Francisco Prieto remitiu unha carta a  todos os membros do Consello Pastoral Diocesano convocándoos a unha reunión o vindeiro sábado 28 de xaneiro na Casa de Exercicios Espirituais de Santiago.

A reunión, que estará presidida polo arcebispo compostelán mons. Julián Barrio, ten unha dobre finalidade. Por unha banda, realizar unha revisión dos obxectivos e accións do programa pastoral diocesano; e por outra banda, formarse ao redor dun tema de actualidade da Igrexa.

 

Previous articleEl obispo auxiliar preside la Ordenación de diácono permanente de Alfonso Casáis
Next articleO arcebispo de Santiago preside a Eucaristía na festividade de San Francisco de Sales