- Foron aprobadas as contas económicas, os balances das empresas de inserción, e as novas dependencias para os Servizos Xerais, entre outros temas
- Monseñor Barrio: “Cáritas fixo posible arrincar da nada na que viven moitas persoas”
- A institución pon en marcha unha Oficina de Colocación
O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu a reunión do Consello de Cáritas Diocesana no transcurso dun plenario celebrado na casa de exercicios, sendo o primeiro presencial despois de meses de non poder facelo polas limitacións sanitarias pola pandemia. Durante a súa intervención monseñor Barrio lembrou que “Cáritas fixo posible arrincar da nada na que viven moitas persoas”. Insistiu en que “o testemuño da caridade é central para a Igrexa do noso tempo”
Os integrantes do Consello deron a súa aprobación, entre outros, a temas relacionados co informe económico; a modificación das prestacións económicas a través da Comunicación Cristiá de Bens; os balances das empresas de inserción laboral, Arroupa e AHortas; as obras que levan a cabo para o novo albergue de persoas sen fogar en Pontevedra e as dependencias dos Servizos Xerais en Santiago, e presentáronse os actos que se van desenvolver con motivo da Asemblea da institución que terás lugar o 9 de outubro e na que será relator Vicente Martín Muñoz, delegado episcopal de Cáritas Española que falará de “ Diaconía da Caridade na vida da comunidade cristiá”. Os axentes da institución participarán nun acto relixioso na Catedral con motivo do Ano Santo.
A dignidade humana
O delegado episcopal, Jesús García Vázquez, foi o encargado de dirixir a oración inicial na que se abordou o tema da dignidade humana. Mencionou que Xesús coloca no centro da súa mensaxe á dignidade humana. Por iso insistiu en que non se debe calar #ante a inxustiza e denunciar sen miramentos calquera tipo de abusos, “veñan de onde veñan, sen fuxir do conflito e os problemas que isto xera”.
García Vázquez remarcou que se deben defender de todos os riscos os marxinados e os pobres, “debemos abandonar os nosos propios intereses e entregarnos ás necesidades do próximo, en especial aos que sofren e aos desfavorecidos”.
Testemuño da caridade
O arcebispo de Santiago, monseñor Barrio, comezou a súa intervención agradecendo o traballo e o labor desenvolvido polos axentes de Cáritas durante estes meses de pandemia e mostrou a súa satisfacción “despois de tantos meses sen podernos atopar”, mencionando que pese ao distanciamento “sempre notei a súa proximidade ao meu corazón”
O prelado lembrou unhas palabras do papa Francisco: “Cada cristián e cada comunidade están chamados a ser instrumento de Deus para a liberación e promoción dos pobres”. Monseñor Barrio falou dos tempos de pandemia “ofrecéusenos a posibilidade de verificar esta realidade. A dureza de certos acontecementos sacódenos de forma que fai vacilar as nosas certezas máis conscientes. É #cuestión de permanecer: saber permanecer é o nome de calquera práctica de coidados dos outros”.
Constatou que é necesario “amar a aqueles por quen sufro, e sufrir por aqueles a quen amo”. Sinalou que ao longo da historia a Igrexa viviu e está a vivir a inquietude por aqueles que forman parte da cultura do descarte, “manifestándose en diferentes connotacións en función das necesidades que se ían presentando ao home”.
Volveu referirse ao testemuño da caridade como eixo central para a Igrexa do noso tempo, “é algo constante e insistente na asemblea cristiá: non é posible ser cristián auténtico se non se vive a cariad e que non se pode testemuñar ningún apostolado eclesial sen unha vida caritativa persoal”.
Terminou a súa intervención deixando unha mensaxe: “Quen traballa na trincheira, na primeira liña do compromiso eclesial da caridade, asomado á ferida aberta do mal que aflixe a humanidade, experimenta como ninguén o impacto racional e relixioso da dor e a inxustiza”
Novas Cáritas
O director diocesano, Anuncio Mouriño Rañó deu a benvida á nova directora de Cáritas Interparroquial de Arousa, Mar Viqueira Villaverde, e anunciou a creación das novas Cáritas da Unidade Pastoral do Carme (Tordoia); Unidade Pastoral de Noia, e Cáritas Parroquial de San Miguel dos Agros.
Foron ratificadas as aprobacións das actas telemáticas celebradas nos últimos meses, e as novas contratacións de persoal. Ao mesmo tempo deuse conta dos convenios asinados desde o último Consello presencial. E aprobouse o gasto para arranxar un dos pisos onde se aloxa na Coruña os presos que saen do cárcere con permisos temporais e de maneira definitiva.
Balance económico
O administrador de Cáritas, Manuel Varela de Limia, foi o encargado de presentar o informe económico do primeiro trimestre do ano no que se dá conta de que gastos e ingresos camiñan parellos e dentro dos que se orzou. Estes resultados son provisionais xa que á data de peche estábase pendente de recibir distintas subvencións procedentes de institucións públicas e privadas, así como a cuantificación das herdanzas recibidas.
Ao referirse ao capítulo dos gastos sinalou que o orixinado polas axudas aumentou un 12%, quedando moi parecido ao mesmo período do ano anterior. No referente ao gasto do persoal dixo que diminuíra un 18% ocasionado polo peche de centros. Pola súa banda o gasto por servizos aumentou un 25% tendo a súa orixe de maneira fundamental na partida de reparacións por diferentes obras. Ao mesmo tempo deuse conta dos gastos xerados por profesionais independentes pola contratación da auditoria de calidade e a nova empresa de riscos laborais.
O gasto total diminuíu un 6% en comparación co trimestre do ano anterior e atópase realizado nun 82% do orzamento.
Respecto a as partidas principais de ingresos destacou que os socios incrementaron un 8%; as colectas descenderon un 16% e as doazóns, herdanzas e legados incrementáronse lixeiramente. En relación ao orzamento as partidas atópanse executadas nun 94%.
O ingreso total diminuíu un 2% con respecto ao mesmo período do ano anterior materializándose e o 88% do orzamento.
Ano de traballo
O director diocesano presentou un amplo informe do traballo desenvolvido ao longo do último ano e coas restricións impostas polos temas sanitarios motivados pola pandemia. Indicou que “nos enfrontamos a unha situación para a que non estabamos preparados”, e que a pesar diso déronse respostas, sobre todo as relacionadas con persoas sen fogar, alimentos solidariedade, axudas, e todo tipo de emerxencias. Agradeceu o traballo que se realizou por parte dos voluntarios e técnicos “moitas veces en moi malas condicións e sen saber polas liñas que deberiamos seguir ao non dispoñer de información axeitada”.
Pediu a todo o mundo que “non debemos conformarnos co que estamos a facer, a nosa axuda é fundamental nestes momentos para tender a man ás persoas máis necesitadas”.
Animou os axentes para seguir adiante “con moita esperanza que nos fai ser responsables nestes momentos concretos”
Obras en curso
O Consello deu a súa aprobación ás obras que levan a cabo para construír o novo albergue para persoas sen fogar en Pontevedra, e as dependencias para os Servizos Xerais de Cáritas Diocesana. En relación á primeira das obras o director diocesano sinalou que o arcebispo a había incorporado no informe entregado ao papa como obra singular con motivo do Ano Santo 21-22. E que tamén a este mesmo capítulo se integrarán, no seu día, as obras para as novas instalacións de Cáritas Arousa. Ao mesmo tempo informou que as fases segunda e terceira do albergue levaríanse a cabo sempre que se dispuxese das achegas económicas, en forma de subvencións, determinadas pola Xunta de Galicia.
O plenario acordou remitir, como no seu día fixo a Permanente da institución, o pésame á vida e fillos do Francisco Fernández, falecido recentemente e que durante anos desempeñou o cargo de director de Cáritas Arousa.
O Consello decidiu que debería seguir en funcións ata que se producise a renovación en base á nova presidencia de Cáritas.
Axenda Social
Mouriño Rañó deu conta que Cáritas fora incorporada á Axenda Social promovida pola Xunta de Galicia e que se fixeron alegacións e propostas fundamentalmente relacionadas con asistencia ás persoas, educativos, económicos, sociais, de formación e do traballo con entidades financeiras
Ao entrar no apartado das empresas de inserción laboral, Arroupa e AHortas, sinalou que se rexistrou, tendo en cuenta a situación na que se tivo que traballar no último ano, uns lixeiros desfasamentos económicos negativos. A empresa de reciclaxe téxtil conta nestes momentos con 24 pernas, das que 20 son en exclusión. Pola súa banda a de agricultura ecolóxica cambiou de director e nela traballan cinco persoas.
Foi aprobado o novo plan de funcionamento económico da Comunicación Cristiá de Bens, para axudar ás Cáritas que o soliciten. En tal sentido o plenario acordou elevar a contía da axuda ata os 25.000 euros, facultando á Permanente para poder aprobar as peticións ata este nivel, e se a contía o supera terá que ser o Consello o que dea a aprobación.
O responsable diocesano mencionou o acordo alcanzado coa Fundación Barrié para temas relacionadas coa vivenda; a entrada en vigor dos Estatutos da Federación de Cáritas en Galicia aprobados pola Conferencia Episcopal Española; que a auditoria lanzara un resultado positivo; a entrada en funcionamento da Axencia de Colocación para temas de emprego; a nova empresa de riscos laborais que traballa para a institución, e a entrada en funcionamento do plan de Igualdade entre mulleres e homes.
Finalmente deuse conta de que o encontro dos voluntarios das Cáritas de Galicia, previsto para o día 4 de setembro , aprazábase para o ano que vén fixándose a data da primeira semana de xuño, estando prevista unha xornada de formación e unha peregrinación á Catedral compostelá. A organización do evento, motivado polo Ano Santo Compostelán, corre a cargo de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela












