- Reunido na Hospedería do Seminario Maior o Comité estudou os futuros Encontros de 2026 e 20027.
- “A Civilización Occidental” e “Os Camiños” serán os eixes temáticos de ambos eventos.
- Valoración moi positiva do recente Seminario “Ética e IA” que contou coa filósofa Adela Cortina e varias personalidades académicas expertas en Inteligencia Artificial, liderados por Senén Barro, director do CITIUS da USC, e ao que acudiron 240 empresarios e profesionais.
No Seminario Maior de Santiago reuniuse o pasado venres pola mañá o Comité Organizador dos Encontros Igrexa – Empresarios presidido polo arcebispo de Santiago Francisco Prieto, ao que acompañaba o ecónomo da diocese Fernando Barros, e por parte empresarial con Juan Vieites, presidente da CEG á fronte, o numeroso grupo de empresarios que o compón.
O Comité valorou moi positivamente o recente Seminario “Ética e IA” ao que acudiron 240 empresarios e profesionais galegos e españois. A filósofa Adela Cortina, os catedráticos Senén Barro, Amparo Alonso, Teresa Rodríguez de las Heras e Ulises Cortés; o teólogo Albert Embry, o presidente da fundación Paulo VI José Ramón Amor Pan, e o arcebispo Francisco Prieto, analizaron e dialogaron sobre a nova ferramenta disruptiva, a IA, e o profundo proceso de transformación que se está dando no acceso ao coñecemento, a formación, a xestión empresarial etc., co uso desta nova tecnoloxía.
O Comité entrou na análise dos novos Encontros previstos para 2026 e 2007, que versarán sobre “A Civilización Occidental” e “os Camiños” respectivamente. O primeiro cunha mirada de futuro do progreso material e espiritual que conseguimos no proceso civilizatorio de Occidente; o segundo, internacionalizando os Encontros cara a Portugal, Francia e o Reino Unido a través dos Camiños Portugués, Francés e Inglés. O Comité continuará as súas reunións preparatorias no próximo mes de xaneiro de 2006.












