O tema «Deus e ciencia, un diálogo posible?» é o tema que ocupou as sesións do ciclo de conferencias Aula Aberta do presente ano 2024 organizado polo arciprestado de Ferrol. Un espazo de encontro, diálogo e formación, que quere achegarse, da man dos expertos, a esta problemática.
Neste contexto, hoxe mércores 13 de marzo ás 20:00 horas no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, impartiu a unha conferencia que levou por título: “Situación da cultura europea, á luz do Camiño de Santiago”.
As sesións comezaron o pasado martes, 27 de febreiro, cunha conferencia de Alfonso Novo-Cid, profesor do Instituto Teolóxico Compostelán (ITC), “Nova apoloxética: evolución e desafíos para a fe”. O martes seguinte, 5 de marzo, Gonzalo Rodríguez César, profesor do mesmo Instituto, abordou a cuestión “Diálogo entre ciencia e fe na actualidade”. Por último, as xornadas pecháronse hoxe, coa conferencia de monseñor Francisco Prieto.
Aula Aberta é un espazo tradicional e asentado de formación no ámbito cultural de Ferrol. Organizado polo arciprestado de Ferrol, pretende ser un lugar de encontro e diálogo sobre cuestións que se sitúan como reto social e evanxelizador. Ao longo da súa dilatada experiencia contou coa participación de coñecidos e prestixiosos analistas e conferenciantes.











