- Na Misa de Pascua, o arcebispo invita a ser “rostros do Resucitado” na vida cotiá.
- O prelado compostelán exhortoua os presentes a “non calar ante a inxustiza” e a ser “testemuñas constructoras da paz e a dignidade humana”.
- O arcebispo pediu rezar pola paz en Terra Santa, Ucrania e en tantos lugares do mundo onde aínda reina a violencia.
- No marco do Ano Jubilar, mons. Prieto animou os crentes a “contaxiar a esperanza que non defrauda: Cristo resucitado”.
O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández, presidiu esta mañá Misa Estacional do Domingo de Pascua da Resurrección do Señor, con bendición apostólica e indulxencia plenaria, que se celebrou na Catedral de Santiago de Compostela, e onde proclamou con alegría o amor de Dios e o triunfo da vida sobre a morte en Cristo, exhortando a ser testemuñas do Resucitado.
Antes de comezar a liturxia da Palabra o arcebispo asperxeu aos fieis coa auga que se bendixo durante a celebración da Vixilia Pascual na noite do Sábado Santo, e co que se lembra ao Bautismo.
O arcebispo comezou a súa mensaxe destacando o significado especial deste día, chamándoo “Domingo entre os Domingos”, o día en que a Igrexa enteira proclama a Resurrección do Señor. Así, lembrou a importancia do sepulcro baleiro como signo central da fe cristiá e animou aos presentes a non buscar entre os mortos ao que vive: “O sepulcro está baleiro. Aquela laxa de pedra que cubría a entrada está retirada. Non busquemos alí onde non está. Cristo o Resucitado. Cristo vive. Cristo o Vivente”.
Neste sentido, convidou os fieis a recoñecer a presenza de Xesús nas súas vidas, máis aló do tanxible e visible, a través da mirada da fe: “É a mirada do que vai máis aló das aparencias e nesa mirada de fe recoñece ao Señor resucitado, presente e vivo no medio de nós”.
Santiago Apóstolo, testemuña do Resucitado
Mons. Prieto afirmou que o Apóstolo Santiago, como testemuña privilexiada da Resurrección, segue sendo hoxe unha chamada para todos os que chegan á súa tumba, pois na súa figura atopan o exemplo dun discípulo fiel que entregou a súa vida por Cristo: “Que no Apóstolo todos sintamos chamados a ser testemuñas gozosos da Resurrección”.
O compromiso coa vida e a dignidade humana
O arcebispo tamén resaltou que a Resurrección non é só un acontecemento celebrado con alegría, senón unha mensaxe que debe traducirse en accións concretas. “A vida que nos foi dado, é don e tarefa…”, afirmou, facendo unha chamada a valorar, coidar e protexer toda existencia humana.
Neste sentido, condenou calquera forma de violencia e morte que atente contra a dignidade das persoas, exhortando aos cristiáns para ser testemuñas comprometidas coa xustiza e o respecto por cada vida: “Se somos fillos do Deus da vida que resucitou a Jesús de entre os mortos, temos que ser entón esas testemuñas cheas de vida, coidando a vida”. Tamén lembrou a importancia de ser voces activas fronte ás inxustizas, asegurando que a fe no Resucitado non permite o silencio #ante o sufrimento alleo.
Unha oración pola paz no mundo
Nun contexto internacional marcado por conflitos e guerras, o arcebispo dedicou unha parte da súa mensaxe de Pascua a pedir pola paz en diversas rexións afectadas pola violencia. “Imos á terra mesma de Jesús, alí onde foron testemuñas da súa morte e resurrección. Pedimos paz para aquela terra, pedimos paz para Ucraína, pedimos paz para tantas guerras en África”, mencionou, instando os presentes a non esquecer aos que sofren e a levalos nas súas oracións.
Mons. Prieto subliñou que a Pascua é tamén un tempo para renovar a esperanza, unha esperanza que debe ser contaxiosa e compartida. “Volvamos a nosa mirada ao noso ao redor e comuniquemos, celebremos, contaxiemos a esperanza que é Cristo resucitado”, afirmou, alentando aos fieis para ser signos vivos da Resurrección nas súas familias e comunidades.
Testemuñas do Resucitado
O arcebispo convidou os peregrinos e presentes na Catedral para regresar aos seus fogares levando consigo a mensaxe de Pascua: “Levade o que aquí recibistes: a Cristo, camiño, verdade e vida”, dixo, subliñando que a experiencia da peregrinación non culmina na chegada a Santiago, senón que continúa na vida cotiá de cada crente.
Finalizou a súa homilía cunha exhortación chea de xúbilo: “Cristo resucitou. Que esa sexa a nosa alegría. Feliz Pascua de Resurrección a todos”.