O Arcebispado de Santiago e o Concello de Cabana firman un convenio de cesión da Capela de Sinde

Na mañá deste martes, 30 de maio, na sala de xuntas da Curia diocesana tivo lugar a firma dun acordo de cesión da Capela de Sinde da parroquia de Cánduas ao concello de Cabana de Bergantiños por un prazo de vinte e nove anos.

Os termos do acordo subscrito afectan a este inmoble, que a entidade local comprométese a rehabilitar e destinalo a punto de encontro para os peregrinos do roteiro da Vía Céltica, para celebración de charlas ou conferencias de contido divulgativo, social e cultural, para actividades socio-culturais de interese para o municipio etc.

Tanto o Arcebispado de Santiago como o Concello de Cabana son conscientes da transcendencia que, para a mellora social e cultural da Capela de Sinde, e máis para os fregueses desta parroquia, supón dispoñer deste inmoble para levar a cabo actividades desa índole, ademais da conservar e coidar o patrimonio local.

Asinaron o acordo o ecónomo diocesano, Fernando Barros, e o alcalde do concello de Cabana de Bergantiños, José Muiño Domínguez.

Previous articleMons. Prieto confirma un grupo de mozos e mozas na Colexiata de Santa María de Sar
Next articleCarta Pastoral Vida Contemplativa. 4 de xuño de 2023