Este 22 de marzo, os bispos dá Iglesia en Galicia reuníronse en Santiago de Compostela para o encontro ordinario da Provincia Eclesiástica de Santiago á que pertencen as cinco dioceses da Comunidade Autónoma.
O encontro foi presidido polo arcebispo metropolitano de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio Barrio. Estiveron presentes o bispo de Tui-Vigo, monseñor Luís Quinteiro Fiuza; o de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o bispo de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Montanet; o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos; así como o bispo auxiliar de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
Nestas reunións trátanse numerosos temas relacionados coa pastoral nas dioceses e que, ou ben polo seu carácter interdiocesano ou ben por harmonizar a actividade pastoral entre as dioceses da mesma Provincia, son abordados de maneira conxunta: a organización dos próximos Encontros do Clero de Galicia en Poio, o seguimento da Comisión mixta de Patrimonio, e diferentes cuestións relativas á pastoral familiar e a comunicación da Igrexa en Galicia. Os bispos tamén foron informados sobre os traballos dos diferentes organismos pastorais interdiocesanos.