O Arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu esta mañá, ás 12:00h, a Solemne Eucaristía na basílica da Peregrina, en Pontevedra, con motivo do día da Patroa da provincia galega. Ademais dos sacerdotes concelebrantes participou un gran número de fieis, así como unha representación de autoridades civís.
Xa pola tarde, ás 21:00 h, tivo lugar a procesión, tamén presidida por mons. Prieto, polo habitual percorrido das rúas pontevedresas.