O pasado venres 16 de decembro, o arcebispo, monseñor Julián Barrio, realizou a súa afeita visita aos nenos ingresados na área de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago. O encontro constitúe, practicamente, unha cita obrigada para o arcebispo Barrio nos días previos á celebración do Nacemento do Fillo de Deus. O arcebispo falou cos nenos internados, coas súas familias e estivo acompañado por persoal médico e de Enfermería.












