Mons. Francisco Prieto preside o Comité Organizador dos Encontros Igrexa – Empresarios

Celebrado na sede de CLUN, en Ames, contou coa asistencia das empresarias e empresarios membros do comité, liderados polo presidente da CEG Juan Vieites, así como o vigairo xeral Andrés Fernández, o ecónomo Fernando Barros e o reverendo Carlos Álvarez.

O próximo Encontro Igrexa – Empresarios terá lugar o mes de outubro próximo e reunirá a personalidades da Igrexa e á plana maior dos empresarios galegos e estatais.

Este Encontro desenvolverase co obxectivo de analizar os grandes temas que afectan a persoas e empresas no desenvolvemento do modelo social creado tras a conexión global, que nos afecta como individuos e como sociedade.

O Comité Organizador impulsa tamén os “Concertos do Peregrino”, a celebrar na catedral en datas aínda por determinar.

Tras o Encontro monseñor Prieto e os seus acompañantes cursaron unha visita ás instalacións industriais da Cooperativa CLUN guiados por Juan Gallástegui, director xeral de CLUN e representante no comité da Cámara de Comercio de Santiago.

O Comité Igrexa – Empresarios volverá reunirse o próximo mes de marzo na súa sede habitual da Hospedería de San Martiño Pinario.

Previous articleNovas instalacións de COPE Coruña
Next articleEncontro do arcebispo coa mocidade de Hakuna en Santiago