- Mons. Francisco Prieto, arcebispo electo de Santiago: “Foi un tobogán de emocións”
- Mons. Prieto tomará posesión o día 3 de xuño na catedral de Santiago de Compostela
Está todo en marcha xa na arquidiocese de Santiago de Compostela para a toma de posesión do novo arcebispo Monseñor Francisco José Prieto, ata o de agora bispo auxiliar.
Prieto foi nomeado este sábado como sucesor de Monseñor Julián Barrio, que pasará a ser arcebispo emérito tras serlle aceptada a renuncia por idade no Vaticano.
A fin de semana, tras o nomeamento, foi de moitísimas chamadas e felicitacións para Monseñor Prieto. “É un tobogán de emocións, foi un momento intenso de saúdos, de afecto…”, explica nunha entrevista en Cope Galicia.
Prieto asume esta nova etapa como unha continuación da anterior. “É un continuar, porque os cambios non son rupturas radicais senón unha continuidade na que temos que ir afondando para saber responder ao que a sociedade espera de nós”.






