O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, presentará este venres, ás 11.30 horas na Aula San Felipe Neri do Seminario Maior, San Martiño Pinario, o Encontro de Empresarios Católicos que se celebrará os próximos 31de marzo e 1 de abril en Santiago. A este Encontro están chamados a participar empresarios e directivos católicos, galegos e estatais, a un evento que contará con tres grandes temas, “A Doutrina Social da Igrexa”, “A Economía do Ben Común” e “O Labor Social da Igrexa”, como eixes da súa celebración.
Na presentación intervirán tamén, ademais do arzobispo, o bispo auxiliar de Santiago, monseñor Francisco José Prieto; o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.












