Ministerio de Lector en A Estrada

O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu esta mañá a Eucaristía na que Nacho Costoya recibiu o Ministerio do Lectorado.

A cerimonia, cun carácter vocacional para motivar a outros mozos para descubrir esta vocación específica desde o discernimiento no seo da comunidade, tivo lugar na Parroquia da Estrada onde desenvolve a súa actividade pastoral.

Este Ministerio consiste en proclamar as lecturas non evanxélicas, Ministerio de substitución doutros (como o salmista ou o diácono para a oración dos fieis), ou outras funcións fóra da liturxia (preparación doutros lectores).

Ao lector instituido pódenselle encomendar, ademais, tarefas de coordinación doutros ministerios, da formación permanente, da preparación dos fieis para recibir os sacramentos, dirixir grupos de iniciación á lectura da Biblia, lectio divina etc.

A nivel diocesano o lector, se así o require o bispo, pode exercer o seu ministerio en parroquias que teñan necesidade diso, especialmente á hora de dirixir as «celebracións dominicais en espera de presbítero», sobre todo se tamén acólito ou polo menos ministro extraordinario da comuñón. Tamén poden participar nos equipos diocesanos de liturxia.

Previous articleBoletín oficial de Abril-Maio (2023)
Next articleMons. Francisco Prieto visita a Parroquia de Dodro