O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá este próximo domingo, as celebracións do Corpus Christi, na Coruña e en Compostela, mentres que o seu bispo auxiliar, monseñor Francisco Prieto, farao na cidade de Pontevedra.
As celebracións desta solemnidade darán comezo en Santiago na véspera do Corpus, cunha Hora Santa que terá lugar na Catedral a partir das 20:30hs do sábado día 18. O domingo, a Eucaristía que presidirá D. Julián Barrio comezará ás 19:30 horas tamén na Catedral compostelá, a cuxo termo se realizará a tradicional procesión de Corpus Christi polas rúas e prazas da zona vella.
Na Coruña, a Eucaristía celebrarase ás 11:30 na Igrexa de San Jorge e tamén estará presidida polo arcebispo compostelán. Sempre pendentes do tempo meteorolóxico, a continuación desenvolveríase a tradicional procesión co Santísimo e posterior bendición.
Na cidade de Pontevedra será o bispo auxiliar, monseñor Francisco Prieto, quen presida a liturxia desta solemnidade. A Misa Solemne terá lugar ás 11:00 horas na igrexa parroquial de San Bartolomé. Ao terminar realizarase a tradicional procesión polas rúas da cidade.