Finaliza a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns

A igrexa parroquial de Santiago na localidade de Padrón acolleu este sábado a terceira e última oración ecuménica organizada pola Delegación Diocesana para o Ecumenismo e o Diálogo Interreligioso que dirixe o presbítero José Antonio Seoane Ares.
Este ano a semana desenvolveuse baixo o lema “Un só Espírito, unha soa esperanza” e os materiais foron elaborados polos irmáns da Igrexa ortodoxa apostólica armenia.
A celebración abriuse e terminouse rezando o Noso Pai. Tamén se rezou un Credo ecuménico, que contén mínimas e irrelevantes variacións con respecto ao católico. Na Palabra proclamáronse textos do profeta Isaías (Is 58, 6-11), san Paulo (Ef, 4, 1-13), o Salmo 97 e o Evanxeo de Xoán (Xn 12, 31-36). A Igrexa armenia achegou oracións de san Nerses o Agraciado (1102-1173) e san Gregorio de Narek (945-1010).

Previous articleO patrimonio relixioso renace en San Pedro de Orazo e San Tomé de Ancorados
Next articleTecer pontes entre fe, cultura e escola, eixe da Pastoral Educativa autonómica