Celebracións ecuménicas 2026

A Igrexa celebrará, do 18 ao 25 de xaneiro de 2026, a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns, un tempo dedicado a pedir xuntos o don da unidade e a fortalecer os lazos entre as distintas confesións cristiás. O lema elixido para este ano, «Un só espírito, Unha soa esperanza», invita a renovar o compromiso común co diálogo, a reconciliación e a misión compartida.

Celebracións ecuménicas na Arquidiocese de Santiago de Compostela

A Arquidiocese unirase a esta celebración universal co varios encontros ecuménicos abertos a todos:

  • Sábado 17 de xaneiro, ás 11:00 h Igrexa de San Nicolás – A Coruña
  • Mércores 28 de xaneiro, ás 18:30 h Igrexa de San Bartolomeu – Pontevedra
  • Sábado 31 de xaneiro, ás 12:00 h Padrón

Estes actos buscan ser espazos de oración compartida, fraternidade e testemuño común, nos que as distintas comunidades cristiás da diocese se reunirán para pedir ao Señor o don da unidade.

Previous articleXornadas sacerdotais 2026
Next articleReunión das Delegacións de Pastoral Vocacional de Galicia