Festividade da Virxe do Carme

  • O arcebispo Mons. Francisco José Prieto Fernández presidiu as celebracións Santiago e Noia. 
  • As homilías destacaron o papel da Virxe como guía nos momentos de dificultade e protectora das xentes do mar.
 A Arquidiocese de Santiago de Compostela celebrou este xoves, 16 de xullo, a festividade da Virxe do Carmen, patroa das xentes do mar, con numerosas celebracións en parroquias de toda a diocese. Baixo o lema deste ano, “María, nai mariñeira, fai de nós unha barca aberta a todos”, a xornada puxo de relevo a especial vinculación desta advocación mariana cos homes e mulleres do mar, tan presentes na realidade galega.

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu a misa solemne á primeira hora da mañá na igrexa dos Carmelitas Contemplativos de Santiago e, posteriormente, a celebración eucarística na parroquia de Noia, unha das localidades onde a devoción á Virxe do Carmen mantén unha profunda tradición.

Na igrexa dos Carmelitas Contemplativos de Santiago, o arcebispo centrou a súa homilía na figura de María como signo de esperanza. Invitou os fieis a descubrir a presenza de Deus nos xestos sinxelos de cada día e lembrou que, mesmo no medio do cansazo, a soidade ou as dificultades familiares, a esperanza comeza sempre a través dunha oración perseverante, un xesto de reconciliación ou unha man tendida ao próximo.

Durante a celebración na parroquia de Noia, a mensaxe estivo especialmente dirixido ás xentes do mar, lembrando a estreita vinculación da Virxe do Carme con quen atopa no océano o seu medio de vida. O arcebispo puxo en valor unha profesión marcada pola beleza, pero tamén polo risco e a incerteza, encomendando a todos os mariñeiros e as súas familias á protección de María.

Asé mesmo, incidiu en que a auténtica devoción á Virxe debe conducir sempre a Xesucristo. Recordando las palabras de María en las bodas de Caná, “Facede o que El vos diga”, animou a vivir o Evanxeo con sinxeleza, proximidade, perdón e servizo.

Aínda que cada homilía puxo o acento en aspectos diferentes, ambas as coincidiron en presentar á Virxe do Carme como nai, protectora e modelo de fe. Monseñor Prieto invitou os fieis a renovar a súa confianza en María, a vivir unha fe comprometida e próxima e a encomendar baixo o seu amparo ás familias, aos enfermos, a quen vive en soidade e, de xeito especial, ás xentes do mar.

Previous articleSolemnidade de Santiago Apóstolo 2026
Next articleO Arcebispo de Santiago recibe ao novo comisario do Xacobeo 2027