Festividade da Virxe do Carme en Porto do Son

As festas da Parroquia de Porto do Son en honra á Virxe do Carme, A nosa Señora de Loreto, San Roque e Caridade, están a celebrarse desde onte sábado día 7 e ata o vindeiro mércores día 11 de setembro.
Hoxe domingo, 8 de setembro, día da Virxe do Carme, a xornada comezou ás 10:30 horas. A imaxe da Virxe foi levada en procesión desde a capela da Atalaia ata a chaira do porto, onde ás 11:00 horas o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu a Misa solemne coa participación da Banda de Música de Noia. Tras a Eucaristía, realizouse a tradicional procesión marítima con ofrenda floral.
Na homilía, o arcebispo indicou que, no medio da vida de cada un, está o Señor que se fai presente no agasallo e no corazón da Virxe do Carme. E destacou que todos “temos que coller o remo da vida” e remar xuntos, na mesma dirección como familia como sociedade e como Igrexa.
Mons. Prieto convidou a sentirse partícipes do ben común que “temos que procurar entre todos”, un ben común que se fai esixente en dignidade, en traballo, en xustiza…: “para que poidamos ser unha sociedade, unha comunidade de fe que sabe compartir e sabe que o Señor no medio de nós, nunca falla”.
Tras a Eucaristía, realizouse a tradicional procesión marítima con ofrenda floral.

 

Previous articleConfirmacións en Berdeogas
Next article50 anos da Consagración da Igrexa Nova de San Xoán Bautista de Touro