Esta tarde, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu a celebración na Igrexa Nova de San Xoán Bautista de Touro con motivo dos 50 anos da súa consagración.
O templo parroquial de Touro foi dedicado nesta mesma data do 8 de setembro de 1974 por Monseñor Ángel Suquía, entón Arcebispo de Santiago. Deseñado por D. Salvador Ares Espada, naquel momento atopábase aquí de párroco D. Jesús Pazos García, promotor do proxecto.
O templo está dedicado ao patrón da parroquia, San Xoán Bautista. Ao final da celebración felicitouse polos seus aniversarios a D. Guillermo Cedeira Cedeira, diácono que exerce en estás freguesías. Tamén se fixo entrega por parte da comunidade da bendición apostólica ao párroco D. José Manuel Recarey Añón.