A Arquidiocese de Santiago acolleu este sábado, 20 de decembro, unha nova reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago. A reunión foi presidida polo arcebispo, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
Estiveron presentes o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín Valdés; o bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o bispo de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Montanet e o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos.
Na reunión, celebrada no arcebispado de Santiago, tratáronse asuntos de interese común para as dioceses galegas. Os bispos tamén mantiveron unha reunión coa Fundación Monte do Gozo que ampara o Proxecto Home, programa educativo-terapéutico, libre de drogas, encamiñado á rehabilitación e reinserción social de persoas adictas. O secretario da Provincia Eclesiástica de Santiago e da Xunta de Fundadores da Fundación Monte do Gozo, o sacerdote José Andrés Fernández Farto, estivo presente na reunión xunto aos Directores das Cáritas diocesanas de Galicia.






