- Monseñor Francisco José Prieto inaugura os estudos na cidade do Lérez e pide aos comunicadores non calar “nada por medo” e buscar sempre a xustiza
O arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco José Prieto, bendixo este luns as novas instalacións de COPE en Pontevedra. Durante o acto, destacou que a Iglesia recoñece a dignidade e a responsabilidade da comunicación e pediu que os novos estudos sexan un espazo onde a palabra, a reflexión e a información sirvan ao Evanxeo e ao ben común.
A COPE Pontevedra achegáronse distintas autoridades de toda a provincia. A inauguración das instalacións correu a cargo do Arcebispo, ademais do CEO de Ábsida Media, Javier Visiers, a directora de COPE Pontevedra, Belén Zapata e o director rexional, de COPE Galicia, Daniel Otero.

Na súa oración, Prieto pediu a Deus que derrame o seu espírito sobre quen traballa na emisora, desde os que preparan os contidos e falan #ante o micrófono ata o persoal técnico e os oíntes. Expresou o seu desexo de que na emisora se busque sempre a verdade e a xustiza e que as súas palabras transmitan paz, alegría e esperanza.
Unha voz fronte ao “balbordo”
O arcebispo contrapuxo o labor da radio aos tempos de “palabrería e balbordo” que vive a sociedade actual. Neste contexto, afirmou que se necesita “unha voz que se abra espazo e unhas voces que o fagan desde a verdade”. Segundo Monseñor Francisco José Prieto, nunha época marcada polos relatos, é fundamental contar o que sucede.
Monseñor Prieto, quen se definiu a si mesmo como un oínte de radio e de COPE, confesou a súa insistencia “teimuda” para que a cadea tivese unha maior visibilidade na cidade de Pontevedra. Explicou que a súa preocupación diocesana inclúe os tres grandes núcleos urbanos: A Coruña, Santiago e Pontevedra, destacando a importancia desta última e de todo a súa contorna poboacional.

Humanismo cristián nas ondas
Para o arcebispo, o labor da emisora debe definirse por ser unha voz que di verdade, que lembra a xustiza, que pronuncia a dignidade e que pon a persoa no centro. Enmarcou esta visión nos valores do humanismo cristián, instando a non avergoñarse da raíz que os configura, sempre sendo conscientes das luces e sombras persoais e comunitarias coas que todos vivimos.
Imaxe que recibe a quien entra en COPE Pontevedra
Durante a bendición dos estudos, o prelado rogou para que as instalacións sexan un instrumento de diálogo, fraternidade e encontro. “Que nada se diga sen amor e nada cale por medo”, sentenciou na súa pregaria. Citando o Evanxeo de San Mateo, animou aos profesionais da emisora para ser a luz do mundo e a que o seu traballo contribúa a formar conciencias, soster aos máis fráxiles e sementar esperanza.






