Don Julián Barrio asiste en Madrid á Permanente da Conferencia Episcopal Española

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, asistirá mañá e o mércores á reunión que a Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española (CEE) celebrará na sede da CEE, na rúa Añastro.
Os bispos membros da Comisión Permanente van estudar a proposta da Vicesecretaría para asuntos económicos de crear unha oficina de Innovación Tecnolóxica para as Entidades Diocesanas.
Ademais, a Comisión Episcopal para as Misións e Cooperación entre as Igrexas vai presentar o Regulamento da coordinadora de asociacións de laicos misioneiros. E a Comisión Episcopal para a Pastoral social e Promoción humana, a súa solicitude para que o departamento de Pastoral do turismo pase á Comisión Episcopal para a Evanxelización, Catequese e Catecumenado.
A orde do día inclúe a aprobación do temario da CXXI Asemblea Plenaria dos bispos españois, que terá lugar do 17 ao 21 de abril de 2023.
Durante estes dous días, os bispos recibirán información sobre o estado de Ábsida (TRECE e COPE). Como é habitual, estudarase o traballo realizado polas Comisións Episcopais e trataranse distintos temas de seguimento e económicos; ademais do capítulo de nomeamentos.
Previous articleO bispo auxiliar chama a vivir a Semana Santa con “esperanza” nas rúas e plazas de Santiago
Next articleO arcebispo presidirá este xoves a Santa Misa na que varios seminaristas serán instituídos lectores e acólitos