O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, participou este luns 31 de xullo, na Eucaristía, presidida polo cardeal Omella, no «Encontro de españois» previo á celebración da Xornada Mundial da Mocidade (JMJ), que terá lugar en Lisboa do 1 ao 6 de agosto.
Os xardíns do Casino de Estoril é o punto de encontro de máis de 36.000 mozos españois convocados pola Subcomisión Episcopal para a Mocidade e a Infancia. Antes da celebración da Eucaristía, foi o momento dos testemuños e de compartir e de expresar o vivido durante os meses de preparación á JMJ. Despois, ten lugar o Festival “Camiños de Mocidade”, no que participan artistas españois que animarán e encherán de alegría aos miles de mozos que participarán neste encontro.