D. Julián preside a Eucaristía na Grande Obra de Atocha

Este martes, 30 de agosto, o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá na Coruña unha Eucaristía nas Fillas da Natividade.

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá na capela da Grande Obra de Atocha este martes 30 de agosto, a Eucaristía coa que se celebrará o aniversario dos votos de varias Fillas da Natividade de María.

O fundador deste Instituto Secular e da Grande Obra de Atocha foi o sacerdote diocesano Don Baltasar Pardal (1886-1963).

Previous articleEncontro de mons. Julián Barrio cos Pueri Cantores de España
Next articleO Arcebispado cederá a Cáritas un local en Dodro e unha casa rectoral en Padrón para usos asistenciais e sociais