Convenio de colaboración entre o Concello de Forcarei e a Arquidiocese de Santiago de Compostela

O Concello de Forcarei e a Arquidiocese de Santiago de Compostela asinaron hoxe un convenio de colaboración para a cesión gratuíta dunha parcela municipal onde se atopa o cemiterio parroquial de Santa María Madalena de Soutelo de Montes.

O acordo, asinado pola alcaldesa de Forcarei, Dona Verónica Pichel Guisande, e o Ecónomo Diocesano de Santiago de Compostela, Don Fernando Barros Fornos, ten como obxectivo facilitar a ampliación do cemiterio parroquial.

O convenio establece que a Arquidiocese se compromete a destinar a parcela “ao servizo de cemiterio parroquial, e á súa ampliación”. Ademais, deberá incorporar a leira cedida ao seu patrimonio e inscribir a transmisión no Rexistro da Propiedade.

O acordo ten unha duración de catro anos, prorrogables por mutuo acordo.

No acto de firma estuviero presente o Ilmo. Sr. Vicario Xeneral da Arquidiocese, D. José Andrés Fernández Farto, e o párroco de Forcarei, D. Saúl.

Previous articleO Seminario Maior Interdiocesano e o Seminario Menor de Santiago celebraron o Funeral de Benefactores.
Next articleO arcebispo na Asemblea Plenaria da Conferencia Episcopal Española