
Terminou facendo referencia a tres “a”: A primeira é a “a” de alegría, lembrando o saúdo do anxo a María ao comezo dos tempos novos. A segunda é de agradecemento, que convida a entrar na lóxica do don, rompendo a propia lóxica. E a terceira, é a “a” de acollida, como unha casa aberta que reflicte o amor do Pai.
Posteriormente, D. Rafael Casás Salgado foi elixido por unanimidade como novo secretario do Consello. Na mesma sesión, votáronse tamén os membros da Comisión permanente. Así, ademais do arcebispo mons. Francisco José Prieto Fernández, do vigairo de pastoral D. Francisco Javier Porro Martínez e do secretario do Consello D. Rafael Casás Salgado que son membros natos desa Comisión, foron elixidos en votación as seguintes persoas: representando aos clérigos, o Rvdo. D. Víctor Blanco Naveira; a representante da Vida Consagrada será a Irmá Ana María Fontes Mosquera e, finalmente, en nome dos laicos estarán a delegada Episcopal para as Misións, Dª. Fátima Noya Varela, o delegado Episcopal para o Laicado, D. Alfredo Losada Suárez e un membro da delegación Episcopal para a Mocidade e a Infancia, Dª. Laura Ruíz Roca.
Tras un breve descanso, o delegado episcopal de Infancia-Mocidade e Primeiro Anuncio, D. Javier García, presentou a proposta para un novo estilo de traballo pastoral, salientando a importancia de ter unha visión conxunta como Diocese. Subliñou a necesidade de desenvolver esta visión de maneira colaborativa, involucrando tanto ao Consello Diocesano de Pastoral como a outros organismos diocesanos. Esta formulación deu lugar a un enriquecedor diálogo entre os asistentes.

Finalmente, o vigairo de Pastoral, D. Francisco Javier Porro Martínez anunciou e convidou a participar na Asemblea Pastoral Diocesana de Representantes, que terá lugar o sábado 16 de novembro no colexio La Salle. Este evento, explicou, ten como principal obxectivo proporcionar un espazo de encontro das diferentes realidades diocesanas, con especial énfase na participación dos laicos que representan os novos arciprestados. “A xornada centrarase en pechar o ano 2024 e definir as claves pastorais para o ano 2025”, afirmou.







